01 maio 2024

Día do libro. Amigo invisible

 E seguimos celebrando o día do libro, esta vez coa entrega dos agasallos do amigo invisible. 

Os membros do noso centro abrimos con ilusión os correspondentes paquetes.















23 abril 2024

Día do libro

Hoxe, día 23 abril, celebramos no noso centro o día do libro e facémolo cunha singular feira, un mercado de libros de ocasión destinado a un público infantil, xuvenil e adulto. 

Todos eles estarán a disposición da comunidade educativa e as familias durante o mes de abril.












11 marzo 2024

8M. PEGADAS FEMININAS

 Dende o CPI-Padrenda-Crespos quixemos render homenaxe a todas esas mulleres que forman parte do ámbito máis familiar  e amistoso e que sen dúbida deixan unha forte pegada nas nosas vidas.




NOVO ESPAZO DE LECTURA

 Novo espazo lector no centro. Atoparedes novidades de lectura de revistas, xornais e libros recomendados.



29 febreiro 2024

RECOMENDA UN LIBRO

Dispoñemos de novos marcapáxinas, co selo do moucho, a nosa mascota.

Le un libro e despois recoméndallo aos teus compañeiros colocando estes Moucho-Marcapáxinas. 



01 febreiro 2024

El niño lobo

 Marcos Rodríguez Pantoja, coñecido coma "el niño lobo"  visitounos onte, día 31 de xaneiro, e con el pasamos unha xornada única.

A súa historia conmoveunos a todos. Transmitíunos o seu amor polos animáis e pola natureza así como a importancia do seu coidado.

 Todo un superviviente co que aprendemos non só o son dos seus queridos lobos, senon tamén a incríble relación que se pode dar entre o home e o mundo animal.







13 xaneiro 2024

MONCHO SEGUE DE VIAXE...

O noso moucho Moncho non descansou durante as festas de Nadal e esta vez mandounos fotos da capital de Hungría. Aquí tedes algunhas preciosas vistas de Budapest e do río Danubio! E dende alí, mandounos os seus mellores desexos para este ano cheo de viaxes e de lecturas a todos!






AXUDANTES DE BIBLIOTECA

O xoves pola tarde, un pequeno equipo de axudantes traballou duro na recolocación dos xogos de mesa.
Damos as grazas a Abigaíl, Ainara, Gabriela, Daniela e Mar pola súa entrega!😀


Día do libro. Amigo invisible

 E seguimos celebrando o día do libro, esta vez coa entrega dos agasallos do amigo invisible.  Os membros do noso centro abrimos con ilusión...