29 abril 2023

CREACIÓNS POÉTICAS

Ao longo desta semana o alumnado da ESO iniciouse, nas clases de lingua castelá, no mundo fascinante da poesía xaponesa.

Os alumnos e alumnas deron renda solta á imaxinación e á creatividade inventando haikus onde cada palabra transmite intensas emocións.









AMIGOS INVISIBLES

Por fin chegou o día tan esperado e puidemos abrir con devezo e ledicia os agasallos dos nosos amigos invisibles👀!


Aquí está a proba:










Felices lecturas aos afortunados lectores😊



23 abril 2023

DÍA DO LIBRO 2023

 Xa empeza a semana de actividades para celebrar o Día do Libro 2023!📚


O vindeiro luns 24, o profesorado e o persoal non docente descubrirán, por fin, quen é o seu amigo invisible. Seguro que as cestas están repletas de lecturas apaixonantes! 

Que grande expectación!


Seguiremos dándovos noticias...

NOVIDADES NA BIBLIO

 En colaboración co Departamento de Orientación, queremos dar visibilidade ao colectivo LGTBI con lecturas para todas as idades: álbums, novelas e bandas deseñadas moi atractivas que ofrecen un amplo abano de lecturas para entender e respectar a todas as persoas que nos rodean.




16 abril 2023

ROBÓTICA NA BIBLIO


Durante o mes de marzo, Andrea, a mestra de Música, iniciounos no mundo da robótica de xeito moi divertido!

Para iso utilizou as sinxelas programacións Makey Makey e Scratch para crear sorprendentes deseños musicais. Rimos moitísimo descubrindo que das nosas cabezas ou mans podían saír notas musicais!




AS VIAXES DO MOUCHO MONCHO 2ª PARTE

Pois claro! Xa era fácil adiviñar onde ía parar o noso moucho Moncho😄... en ROMA ! 

Marchou todo cheo de ledicia co grupo de alumnas e alumnos de 4º da ESO, acompañándoos nesta viaxe que todo o mundo esperaba con tanta cobiza.

Durante unha semana (do 20 ao 25 de marzo de 2023), o moucho Moncho percorreu as rúas de Roma e entre ruínas lendarias, fontes míticas, palacios e basílicas ancestrais non dubidou en repousar un anaco para gozar das delicias da gastronomía romana. 

Aquí tedes unha pequena reportaxe dos momentos máis salientables do seu paso pola capital italiana:









O MOUCHO MONCHO NON PARA!





 


 







 







 




 

  

     
     




Día do libro

Hoxe, día 23 abril, celebramos no noso centro o día do libro e facémolo cunha singular feira, un mercado de libros de ocasión destinado a un...