23 outubro 2021

 CHEGA O SAMAÍN NA BIBLIOTECA...


É o momento de ler historias de medo...

Páxinas de misterio, meigas, cabazas que falan, pantasmas, agárdante na nosa bibloteca para para un Samaín terrorificamente arrepiante!!!!!




A exposición de libros de terror foi todo un éxito!!!!!

FELIZ SAMAÍN 2021








UN DÍA NA RIBEIRA DO RÍO TRONCOSO

VENRES, 22 DE OUTUBRO DE 2021  

Nós, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, gozamos dunha marabillosa xornada de actividades de Educación Ambiental na Reserva Natural Fluvial do Río Troncoso organizada pola Confederación Hidrogáfica do Miño-Sil (Ministerio de Transición ecolóxica e Reto Demográfico).


                  


Os catro monitores desta organización, Ángel, Blanca, Miriam mais Adrián, encargáronse de levarnos pola ribeira do río desde Pontebarxas ata o encoro da Frieira. 


Algúns de nós xa coñecían esta ruta por viviren na contorna. Mais o percorrido resultou moi diferente e aprendemos a observar a nosa natureza e descubrir unha morea de cousas sobre plantas e animais terrestres e acuáticos.

Durante todo o traxecto, parabamos a miúdo para identificar árbores e arbustos (carballos, faias, castiñeiros, carballos, salgueiros, loureiros, érbedos...). Os nosos guías explicáronnos o que eran as EEI (Especies Exóticas Invasoras) que atopamos no camiño: eucaliptos, acacias, canas, bambús e orellas de gato. Sabemos agora o perigo que supoñen para a vexetación autóctona e a destrución da biodiversidade.

   

Dúas horas despois, chegamos a un sitio na ribeira do río onde os monitores organizaron unha serie de talleres para converternos en verdadeiros biólogos!!!! Pero antes recuperamos forzas, xa que era a hora de xantar...

                                                             

 O taller de macroinvertebrados permitiunos observar e identificar distintos tipos de larvas de insectos acuáticos que Ángel foi recoller con seu traxe de pescador e a súa rede.

E por último, a través de diferentes xogos recoñecemos plantas, árbores, paxaros e pegadas de animais.

Foi unha xornada moi intensa e divertida onde aprendemos que temos que protexer a nosa contorna, especialmente os nosos bosques e ríos!!!



17 outubro 2021

Descifrando a Historia. Pequenas pílulas de coñecemento para seren ouvidas

"A idea xurdiu durante o confinamento. Eu estaba naquel momento en Francia e levaba un tempo buscando proxectos que falasen sobre a historia de Galiza, mais vin que ese espazo estaba bastante baleiro. Foi aí cando comecei a pensar que estaría ben que existise un espazo de difusión e de debate para tratar a nosa historia, e tomei a decisión de crealo eu. Optei polo formato audiovisual, e en específico o podcast, porque era o que máis se axustaba ao que eu quería facer.

 Quen así se expresa é David Xesteira, historiador, divulgador e fundador nas redes sociais da serie de podcast Descifrando a Historia. Pretende con esta exitosa iniciativa -que ten apenas de vida un ano- achegar pasaxes da nosa historia quizais pouco consabidas, aquelas que non aparecen nos libros de texto e que son ás veces a parte da anécdota, mais que contribúen a completar o porqué de hoxe sermos a sociedade que somos.   

Alén de inspiradora e pedagóxica, a iniciativa de David Xesteira resulta en verdade imperdible, un legado de testemuños autorizados ao alcance dun play, xa que ademais conta coa colaboración de especialistas nos temas que aborda, como son o historiador Xulio Ríos, a filóloga Marilar Aleixandre ou o comunicador e profesor Manuel Gago (o vindeiro 6 de novembro).

Aquí vos deixamos un exemplo e a ligazón a unha entrevista en Nós Diario.Agardamos que vos encante e que vos enganchedes á podHistoria!

O contrabando na raia entre Galiza e Portugal.


Concurso de portas terroríficas


Benvidas e benvidos ao curso 2021/2022 no CPI de Padrenda! Desde este espazo o Equipo de Dinamización da Lingua Galega saúdavos e anímavos a participar no Concurso de portas terroríficas. Durante as vindeiras dúas semanas decoraredes as portas das vosas aulas con motivos arrepiantes, que provoquen verdadeiro pavor de só pasarlles por diante... E é que xa chegou o samaín

De modo que a enxeñar ideas terroríficas para vestir as portas. Tende en conta o verdadeiro significado desta festividade para a nosa cultura (podedes ler na ligazón de máis arriba sobre o tema). Os grupos premiados obterán un obsequio para tolear as cabezas... Buuuuuuuuh!

12 outubro 2021

LECTORAS E LECTORES DE PADRENDA...


Inauguramos este curso escolar 2021-2022, desde a Biblioteca do noso centro, con este Blog onde publicaremos :


- as actividades que organizaremos desde a Biblioteca,

- as novas adquisicións que realizaremos ao longo do curso,

- as nosas recomendacións de lectura para todas as idades, 

- etc.


Contamos tamén coa vosa colaboración para que a nosa Biblitoteca sexa un lugar de descubrimento, e aprendizaxes e de experiencias enriquecedoras!




 

POR QUE A NOSA BIBLIOTECA LEVA ESE NOME ?

Juana Capdevielle (1905-1936) foi unha muller culta e progresista. En Madrid, estudou Filosofía e Letras ao lado da futura gran filósofa María Zambrano. Alí, tivo a José Ortega y Gasset como profesor. Logo, exerceu a profesión de bibliotecaria e de arquiveira na capital converténdose en 1933 na primeira muller responsable dunha biblioteca universitaria en España.

O golpe de Estado fascista do 18 de xullo de 1936 acabou co seu afán de progreso e de liberdade. Foi detida polos franquistas e executada igual co seu marido meses antes. O 18 de agosto de 1936, encontraron o seu corpo na estrada de Madrid - A Coruña, no monte das Gándaras ás aforas de Rábade (Lugo). Foi torturada, violada e finalmente fusilada. Estaba embarazada...

Nomeando a nosa pequena biblioteca escolar "Juana Capdevielle" queremos render homenaxe a todas as vítimas destes tempos de barbarie e incultura e sobre todo perpetuar a súa memoria.





Día do libro

Hoxe, día 23 abril, celebramos no noso centro o día do libro e facémolo cunha singular feira, un mercado de libros de ocasión destinado a un...