13 xaneiro 2024

MONCHO SEGUE DE VIAXE...

O noso moucho Moncho non descansou durante as festas de Nadal e esta vez mandounos fotos da capital de Hungría. Aquí tedes algunhas preciosas vistas de Budapest e do río Danubio! E dende alí, mandounos os seus mellores desexos para este ano cheo de viaxes e de lecturas a todos!






AXUDANTES DE BIBLIOTECA

O xoves pola tarde, un pequeno equipo de axudantes traballou duro na recolocación dos xogos de mesa.
Damos as grazas a Abigaíl, Ainara, Gabriela, Daniela e Mar pola súa entrega!😀


MONÓLOGO NA BIBLIOTECA

  O venres 24 de abril, a través da Editorial Vicens Vives, tivemos a visita de Erea Mora.  Actriz e narradora oral, Erea animou esta sesión...