17 xuño 2023

SESIÓNS DE TEATRO NA BIBLIOTECA

Ao longo da primeira semana de xuño, o alumnado de 3º e 4º de Primaria interpretaron unha pequena e divertida obra de teatro de monicreques para o resto dos seus compañeiros: O coelliño branco, un álbum de Xosé Ballesteros ilustrado por Óscar Villán.

Ademais, Mónica (a profesora de inglés), preparou unha versión en lingua inglesa que os nenos e nenas representaron tamén con moito xeito. 


Seguro que preparán outra sorpresa artística para o próximo curso! 

Estaremos á espera do seu anuncio!






Ningún comentario:

Publicar un comentario

CHEGOU O SAMAÍN

No CPI Padrenda Crespos viviuse unha xornada de auténtico medo o pasado 30 de outubro. Non houbo  rincón do centro que non estivese decorado...