19 xuño 2022

CONTACONTOS APAIXONADOS

Durante este mes de xuño, os alumnos de 5º e 6º de Primaria transformáronse en verdadeiros contacontos profesionais.

Por quendas, acudiron ás aulas de Infantil e 1º-2º de Primaria para contar historias aos máis cativos do cole. O público entregouse plenamente facendo unha morea de preguntas ao final das sesións. Os contacontos prometeron repetir a actividade para o próximo curso de maneira máis habitual!








Foi unha experiencia única e enriquecedora para todos!!!! 

09 xuño 2022

A BIBLIOTECA EN OBRAS

Desde o mes de xaneiro, todo o noso cole está patas arriba polas reformas que se están a realizar desde o pavillón de deportes ata o comedor, pasando polos corredores e aulas! 

Agora as obras están nas portas da biblioteca!!!! E claro, tocou retirar absolutamente todo: os 4.000 libros dos estantes, o mobiliario e os ordenadores.



Mais grazas a colaboración de todos, alumnos, profesores e persoal non docente, a mudanza realizouse nun tempo récord!

Todo o fondo foi repartido nas distintas aulas de secundaria e de primaria. De tal xeito, os documentos seguen á disposición de todos. 

Así que acode xa á aula de AL (alí está a "nova biblioteca temporal"), no primeiro andar e reserva os teus libros para o verán! 

Esperámoste!!!!!!



RECOMENDACIÓN LECTORA

 Os alumnos de 5º e 6º preséntanvos, a través deste pequeno vídeo, a famosa novela de "O neno co pixama de raias" de John Boyne:

Unha excelente recomendación para o verán!

https://youtu.be/HezvcBW3syM

Día do libro

Hoxe, día 23 abril, celebramos no noso centro o día do libro e facémolo cunha singular feira, un mercado de libros de ocasión destinado a un...