29 outubro 2023

 24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS

No día das bibliotecas queremos render homenaxe a bibliotecaria e pedagoga,  JUANA CAPDEVIELLE, a primeira muller xefa dunha  biblioteca na universidade española e que foi asasinada polos franquistas casualmente o mesmo día que Federico García Lorca.

Este mural recolle anacos da súa vida persoal, profesional, homenaxes a súa figura, como o poema de Rodríguez Fer que resalza dunha maneira poética a figura desta muller loitadora do campo da cultura e do saber.

A frase que encabeza o mural era a que ela adicaba aos seus alumnos da facultade na que define moi ben o significado dos libros e a través dela tamén se intúe o seu amor pola lectura e o pracer de transmitírllelo aos seus alumnos.

"El libro puede ser el vehículo de verdades sublimes, el mensajero de los lejanos países de la ilusión y del ensueño, la puerta que nos abre las perspectivas maravillosas"






 COMEZAMOS!!

E facémolo co recordo das viaxes da nosa mascota da biblioteca.

O ano pasado fomos testemuñas do periplo aventureiro do noso Moucho, Moncho, todo un intrépido viaxeiro que percorreu unha chea de  países. 

Estivo en  Francia, con estadías en Bordeaux, Lorena e París. Dende alí trasladouse a Estrasburgo. Tamén andou pola cidade eterna, Roma, e a cidade de Florencia. Dicirvos que disfrutou da pizza coma ninguén. Pero, tamén descubriu zonas do noso país. No entroido foi a Sevilla e visitou as Canarias na Semana Santa. Se por andar, andar, dicir que chegou ata Arxentina, menudo é el. E sen esquecer que no verán estivo na rexión de Lorelei, á beira do Rin en Alemania e tamén  en Londres, que se estaba máis fresquiño ca en Padrenda. 

Este mapa representa as viaxes realizadas ata o de agora. Cales serán os seus vindeiros destinos? O mapa vaille quedar pequeno. 

Seguiremos informando…


Día do libro

Hoxe, día 23 abril, celebramos no noso centro o día do libro e facémolo cunha singular feira, un mercado de libros de ocasión destinado a un...