17 decembro 2021

Enigmas para o Mes da Ciencia en Galego en Crespos

Desde que, no ano 2001, a UNESCO declarou o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, novembro pasou a ser para todos nós o Mes da Ciencia. En consonancia con isto, desde hai once anos o profesorado de Galicia comezou a celebrar en novembro o Mes da Ciencia en Galego. O obxectivo desta conmemoración é o de mostrar que a lingua galega é útil e tan válida como calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica.
No CPI de Padrenda celebramos esta cita lanzándolle un enigma ao alumnado. A actividade consistía en descifrar un fragmento do manifesto que abría este ano 2021 o Mes da Ciencia en Galego -cuxa autoría corresponde ao profesor Anxo Carracedo- e que lle achegamos ao alumnado encriptado mediante o código César.
Asemade, nesta ocasión ponse o foco sobre a trascendencia do matemático, informático, experto en criptoanálise e intelixencia artificial británico Alan Turing (Londres, 1912-Wilmslow, 1954), cuxa intervención no descifrado da correspondencia nazi -xerada pola famosa máquina Enigma- puido ser decisiva no remate da Segunda Guerra Mundial, e a relevancia do traballo arredor do estudo e recuperación dos solos afectados por incencios da edafóloga e bioquímica Tarsy Carballas (Taboada, 1934), a nivel galego.
O alumnado participante e acertante na revelación da mensaxe encriptada leva para a casa dous libros de divulgación científica editados por A Nosa Terra. Son: o alumnado da aula de 5º e 6º de Primaria, Manuel Fernández e Aaron Vila de 2º ESO, Tomás Gómez de 3º ESO e Óliver Míguez de 4º ESO. Agradecemos desde o EDLG a colaboración na organización da actividade e a participación do profesorado.

08 decembro 2021

 25 DE NOVEMBRO DE 2021

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIAS CONTRA A MULLER


Padrenda di NON á violencia de xénero






DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS 


O 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas cunha investigación levada a cabo por todo o alumnado do cole. Cada aula buscou información sobre distintos tipos de bibliotecas do mundo. Deste xeito, viaxamos desde Washington ata Sydney pasando por Sarajevo ou Coimbra onde coñecemos as bibliotecas máis espectaculares ou insólitas da Terra...

Descubrimos que o acceso á cultura é un dereito para todos e que as bibliotecas son un medio para conseguilo.



ACUDE Á NOSA BIBLIOTECA E NON PARA DE LER!!!!!!

Día do libro

Hoxe, día 23 abril, celebramos no noso centro o día do libro e facémolo cunha singular feira, un mercado de libros de ocasión destinado a un...