24 outubro 2022

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA 

 

Por fin inauguramos a nosa biblioteca despois de meses de reformas! Para iso, eliximos o 24 de outubro coincidindo co Día Internacional das Bibliotecas.

Durante a pequena cerimonia que tivo lugar diante da biblioteca, aproveitamos a ocasión para presentar a nosa nova mascota: o moucho Moncho!



AGORA QUE ESTÁ TODO LISTO, ACHÉGATE Á BIBLIOTECA E DESCUBRE UN MUNDO CHEO DE SORPRESAS!!!!!







22 outubro 2022

DÍA DAS MULLERES DO RURAL

 


A ONU estableceu o 15 de outubro como o Día Internacional das mulleres do rural para recoñecer o seu labor no desenvolvemento rural e a erradicación da pobreza.

Para contribuír a dar visibilidade ao traballo das mulleres no medio rural, a Asociación Boa Vida de Pontedeva organizou un concurso de debuxos onde os alumnos tiñan que pór de manifesto o papel das mulleres neste ámbito. 


O venres 21 de outubro tivo lugar no patio do cole a entrega de premios aos gañadores desta segunda edición.

Parabéns a todos os que participaron e especialmente a 
Alejandra (4º ESO), Daniel (4º ESO) e Rubén (3º ESO).

Grazas a todos pola vosa participación!!!!



DÍA DAS ESCRITORAS

18 DE OUTUBRO DE 2022


Desde 2016 e grazas á unha iniciativa da Biblioteca Nacional de España, celébrase o Día das escritoras por todo o territorio. 

Este ano, quixemos render homenaxe ás autoras da nosa literatura e tamén da literatura universal a través desta pequena exposición no vestíbulo do centro.




VEN E DESCUBRE UNHA MOREA DE AVENTURAS!!!






02 outubro 2022

UNHA VOLTA REVOLTOSA...


Xa estamos de volta... que rápido pasou o verán!

Esperemos que fose moi fecundo en lecturas!!

Por fin remataron as obras en todo o centro e tivemos a agradable sorpresa de descubrir o resultado: novas ventás, paredes pintadas de branco, baños reformados etc.

Pero... falta a nosa biblioteca por terminar!!😱

Afortunadamente, todo o mundo se puxo mans á obra para volver dar vida á nosa biblioteca!!

Limpeza a fondo...

Chegan os primeiros libros.

Últimos retoques!

A cultura pesa....




Vémonos axiña para a inauguración oficial da Biblioteca...

PACIENCIA...😅


Día do libro

Hoxe, día 23 abril, celebramos no noso centro o día do libro e facémolo cunha singular feira, un mercado de libros de ocasión destinado a un...