18 marzo 2023

AS VIAXES DO MOUCHO MONCHO

Desde o luns 20 deica o sábado 25 de marzo, o moucho Moncho vai outra vez de viaxe!😃


Adiviñade onde... Dámosvos unha pista:

Axiña teremos máis noticias do 

noso pequeno moucho aventureiro...

CHAPAMANÍA

Desde o mes de xaneiro hai unha verdadeira "chapamanía" na biblioteca!

O causante desta nova afección é a creación de logos para a biblioteca impulsada polo Departamento de Plástica. Deste xeito, o alumnado da ESO deseñou varios prototipos onde non podía faltar a nosa prezada mascota, o moucho Moncho! 


Ven á biblioteca, elixe o teu deseño favorito e 
fabrica a túa chapa no momento!



LEMBRANDO A ROSALÍA


O pasado 23 de febreiro, Rosalía de Castro estivo de aniversario nas nosas aulas. O alumnado da ESO iniciouse a arte da caligrafía copiando versos das poesías de Rosalía nestes pergamiños.

O resultado foi espectacular:


   


Mentres tanto, a rapazada de Primaria realizou este fermoso cartel conmemorativo ilustrado cos mellores versos da poetisa:




 








12 marzo 2023

EXPOSICIÓN 8 M

Desde a Biblioteca seleccionamos unha morea de novelas, álbums para os máis cativos, bandas deseñadas e libros sobre mulleres científicas e activistas feministas co gallo de celebrar o Día Internacional da Muller.

Todos estes libros presentados no vestíbulo do centro están en préstamo para o alumnado, os profesores, as familias e o persoal non docente. Só tedes que anotar o voso nome na listaxe:

Acude axiña á exposición e descubre apaixonantes historias!







Día do libro

Hoxe, día 23 abril, celebramos no noso centro o día do libro e facémolo cunha singular feira, un mercado de libros de ocasión destinado a un...