25 febreiro 2023

EXPERTOS LATINISTAS



No mes de decembro de 2022 tivo lugar un evento inédito ata agora no noso centro:
 A profesora de Lingua Castelá e Literatura e mais Latín propuxo ao seu alumnado de 4º da ESO un concurso europeo de latín para a obtención do primeiro nivel de estudos latinistas: o Elex1, vestibulum!

A preparación e o esforzo do noso alumnado non foi de balde, pois obtiveron grandes resultados! Miguel conseguiu a medalla de ouro no exame! Tamara, Alejandra, Brais e Daniel foron recompensados con cadansúa medalla de prata!



Parabéns para os nosos orgullosos latinistas!


UN ENTROIDO ESPECTACULAR





O venres 17 de febreiro, pola tarde, iniciamos o percorrido do desfile do noso Entroido desde o "cole" ata a praza de San Roque. Alí esperábannos as familias e os veciños da aldea. Todas gozamos da festa e ademais serviu para fortalecer, aínda máis, os lazos entre o conxunto da comunidade educativa do noso centro!

Este ano a temática xirou ao redor de personaxes de contos tradicionais, literarios ou de películas famosas: Brancaneves e os seus ananos; Carapuchiña vermella; os lobos e a avoa; Matilda, o seu pai o señor Wormwood e a terrible Trunchbull; os personaxes de Harry Potter, do Mago de Oz, dos piratas do Caribe, da familia Addams e mais da casa de Bernarda Alba; sen esquecernos dun simpático grupiño de Minnie e Mickey (que coincidiu coa visita ao centro duns técnicos de desratización😅).

E sorpresa! Tivemos a visita rápida de Thelma, Louise e Brad no noso centro...


Preocupados polo medio ambiente, intentamos ano tras ano limitar ao máximo o uso dos plásticos para a elaboración dos disfraces. Non é doado pero conseguimos que todos os traxes de Entroido foran elaborados con materias reutilizables como teas ou feltros.


Descubre máis facetas do noso Entroido!


Non esquezas esta mensaxe do moucho Moncho:





16 febreiro 2023

ENTROIDO - VENRES 17 DE FEBREIRO DE 2023

Xa está o Entroido a punto de empezar!


O noso Moucho Moncho é un verdadeiro trouleiro e estivo toda a semana preparándose para o desfile de mañá.😎 Ademais coa complicidade do noso Meco levou a cabo os seus mandadiños!






Deica mañá para a gran rexouba ata 
a praza de San Roque a partir das 15:00!



02 febreiro 2023

O MOUCHO MONCHO NON PARA...

Desde o mes de decembro 2022, o noso querido mouchiño Moncho non para de viaxar para descubrir novos horizontes, culturas e lecturas!

Tivo a sorte de pilotar un avión ata Arxentina. Logo regresou a Europa, concretamente a Francia, onde visitou Bordeaux e finalmente puxo fin ao seu periplo na "cidade da luz", é dicir: Paris, a capital de Francia! 

 Na cabina do piloto rumbo á Arxentina.

Visitando o palacio de Versailles.
E claro, non podía faltar a subida á Tour Eiffel.

Unha volta en bici por Bordeaux.


Que gran viaxeiro é o noso Moucho! 

Cal será o seu próximo destino?

Iremos informando...



Día do libro

Hoxe, día 23 abril, celebramos no noso centro o día do libro e facémolo cunha singular feira, un mercado de libros de ocasión destinado a un...