19 novembro 2022

HISTORIAS DE MEDO NA BIBLIOTECA👻


Escoitade estes relatos aterradores contados polos rapaces da ESO:




01 novembro 2022

CHEGOU O SAMAÍN

Desde o 24 de outubro o noso cole preparouse para celebrar o Samaín. Portas, ventás e corredores enchéronse de teas de arañas, pantasmas e outros seres maléficos. No vestíbulo presentamos unha exposición de libros de medo que tivo moito éxito.👻

O Samaín era a festa máis importante dos celtas. Nesta data o alén facíase accesible para os mortais. Cando chegaban as celebracións do Samaín, os celtas colocaban unha velas rudimentarias no interior das caveiras dos inimigos mortos, e emprazábanas nos cruces de camiños, nas muradas dos seus castros… co obxecto de estarrecer os inimigos. O Samaín (palabra gaélica) é o antecedente europeo do Halloween norteamericano.












Ademais, o alumnado participou nun concurso de microrrelatos terroríficos! Pronto publicaremos as historias gañadoras. A maiores, e para rematar esta semana aterradora, organizamos un taller de decoración de cabazas o venres, 28 de outubro, pola tarde. Todas e todos nos involucramos para crear cabazas realmente arrepiantes...






Día do libro

Hoxe, día 23 abril, celebramos no noso centro o día do libro e facémolo cunha singular feira, un mercado de libros de ocasión destinado a un...