28 novembro 2023

A LINGUA PORTUGUESA CHEGA Á NOSA BIBLIOTECA

 O moucho Moncho, mascota da nosa biblioteca fixo unha nova amizade, a do galo, símbolo representativo do noso país veciño. Por iso, e para favorecer os contactos entre a nosa lingua e a portuguesa comezamos coas primeiras adquisicións de libros no idioma portugués para alumnos de primaria e secundaria.







21 novembro 2023

XORNADAS BIBLIOTECA ESCOLAR

  O pasado sábado tiveron lugar en Santiago as xornadas de biblioteca escolar. Unhas xornadas que facían fincapé na lectura do cómic e banda deeñada como un tipo de lectura non secundaria, senón máis ben principal, creativa, inxeniosa e ata saudabel. Expertos na materia coma Miguel Anxo Prados falrónnos das bondades deste tipo de libros, do xogo interdisciplinar que podemos levar a cabo grazas á introducción das mesmas nos programas educativos e  aportáronnos moitas ideas para levar a cultura do cómic, manga e tebeo aos nosos alumnos.

Unha biblioteca escolar en viñetas é unha biblioteca máis completa, máis creativa e máis artística.

08 novembro 2023

VOLVEN AS MOCHILAS VIAXEIRAS

O moucho Moncho estivo a preparar estas mochilas viaxeiras para os rapaces e rapazas de Primaria así como esta preciosa maleta para os máis cativos de Infantil!

Felices lecturas para todos!😀















04 novembro 2023

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Dá comezo  o MES DA CIENCIA EN GALEGO. 

"A ciencia é un dos sabores do saber. Para degustala, é moi importante a nosa participación activa, e o grande activador é a curiosidade. Precisamos formular preguntas para saborear a ciencia e a lingua pemítenos degustala, e tamén é a canle para contar e escoitar as respostas".
Elena Vázquez Cendón, doutora en matemáticas.

Dende a biblioteca animámosvos a que alimentedes a vosa curiosidade científica e deixámosvos algunhas recomendacións lectoras:

Neste libro atoparás todo o que precisas saber para creares a túa horta na casa e dende cero. Coñecerás os procesos de semente e colleita e os cultivos que podes poñer en cada época do ano.




Un libro de conversas pensado para introducir á mocidade na filosofía.



Historia da ciencia, dos inventos, do estudo da natureza e da realidade, chea de pequenos fitos curiosos que alumean o camiño cara o descoñecido.


Dentro deste libro atoparás unha morea de actividades para gozar do monte en calquera momento do ano e así sacarlle o mellor proveito ás túas visitas á natureza.




Este libro recolle as biografías de vinte científicas galegas. Elas abriron as portas da ciencia a miles de mulleres.

Visita dos alumnos CPI Padrenda Crespos a Telemiño

Os alumnos do noso centro convertéronse en auténticos xornalistas por un día. Visitaron as instalacións do xornal La Región e Telemiño e alí colaboraron activamente na realización do seu propio programa de entrevistas nas que falaron das bondades da vida no rural.

CHEGOU O SAMAÍN...

 31 de outubro, tarde de cabazas e historias de terror👀

A comunidade escolar do CPI Padrenda-Crespos acudimos á praza de San Roque para celebrar o Samaín. Alí os alumnos expuxeron as súas cabazas decoradas e léronse varias historias de terror.









02 novembro 2023

UNHA HISTORIA DE MEDO👻


Os rapaces e rapazas de 5º e 6º preséntanvos unha pequena obra de teatro, adaptación dun famoso "Contos por palabras" de Agustín Fernández Paz. Unha historia terrorífica contada co gallo das festas de Samaín desta semana!

 

Día do libro

Hoxe, día 23 abril, celebramos no noso centro o día do libro e facémolo cunha singular feira, un mercado de libros de ocasión destinado a un...