25 febreiro 2021

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO


O mércores 24 de febreiro de 2021, os alumnos de 5º e 6º de Primaria elaboraron un mural na clase de Plástica para recordar a figura de Rosalía de Castro.



  




Ademais, recitamos unha poesía de Rosalía, Castellanos de Castilla

Aquí, tedes  o vídeo da nosa pequena actuación!!!!






21 febreiro 2021

DÍA DA PAZ ESCOLAR E DA NON VIOLENCIA


30 DE XANEIRO DE 2021

Os nenos de Infantil e Primaria realizaron este collage co lema "Xuntos construímos a Paz" e con mensaxes en varios idiomas.

Por outra banda, os alumnos da ESO pintaron varios murais na clase de Plástica recordando a figura de Sadako Sasaki e colgando grúas de papiroflexia como símbolos da loita pacifista internacional.


 

DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

11 DE FEBREIRO 2021

Desde o ano 2015, a ONU declarou o día 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia coa finalidade de permitir a participación equitativa das mulleres e das nenas na ciencia. Por iso, montamos este mural recordando as actividades que fixemos ao longo do curso pasado no noso Club de Ciencias. Temos que esperar mellores tempos para volver ao noso laboratorio e realizar xuntos novos experimentos científicos!

Ademais, recordamos a figura de Katherine Johnson, unha das grandes matemáticas afroamericanas esquecidas que permitiu levar á Lúa os astronautas da misión Apolo 11.




14 DE FEBREIRO DE 2021

NAMORO EN GALEGO E NAMÓROME DO GALEGO !

Para celebrar o día dos namorados (14 de febreiro), escribimos mensaxes de amor e de amizade nun globo vermello en forma de corazón destinadas ás persoas que queremos a moreas ou á nosa lingua !!!







"LA CASA DE PAPEL" POLOS ALUMNOS DE 4º DA ESO ! 

ABRAIANTE ESPECTÁCULO !!!! 👏👏👏👏👏👏👏




16 febreiro 2021

ENTROIDO 2021

 

O venres 12 de febreiro de 2021 celebramos o Entroido no cole. Este ano, cada un podía vir da casa co seu propio disfrace. Houbo de todo: superheroes, princesas, bruxas, indios, vampiros, piratas... ata un Doraemon perdido en medio dos protagonistas da famosa serie "La casa de papel"!







 



Día do libro

Hoxe, día 23 abril, celebramos no noso centro o día do libro e facémolo cunha singular feira, un mercado de libros de ocasión destinado a un...