O pasado venres celebramos o día da narración oral con música, contos e mesmo poesía.
O alumnado de primaria e 1º ESO escenificou, nalgúns casos, as historias contadas. O profesorado e alumnado de infantil escoitáronnos ben atentos.
Blog da Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega
O pasado venres celebramos o día da narración oral con música, contos e mesmo poesía.
O alumnado de primaria e 1º ESO escenificou, nalgúns casos, as historias contadas. O profesorado e alumnado de infantil escoitáronnos ben atentos.
Esta semana celebramos no cole o día da muller, e, para iso, organizamos a recreación do coñecido paseo da fama de Hollywood. Iso sí, neste caso adicada a mulleres dos diferentes ámbitos do saber, da cultura e da ciencia.
Aquí vai un resumo de imaxes:
No CPI Padrenda Crespos celebramos o día de Rosalía facendo homenaxe a autora e, para iso, os alumnos recitaron un dos poemas máis significativos da mesma. A celebración continuou coa degustación do coñecido caldo de Gloria.
Velaí van os vídeos:
Dende o centro estamos a elaborar un documento para a mellora do plan de lectura, escritura e acceso á información.
E para iso dende a consellería pídennos a participación dos membros da comunidade educativa: profesorado, familias e alumnado.
Trátase de cubrir unhas enquisas a que tedes acceso a través dos seguintes enlaces.
Agradecemos a todos a vosa participación.
Saúdos!
ENQUISAS PROFESORADO:
https://boxabalar.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/s/4gkeSggtLLm6GkDHnN3NTLsj
https://boxabalar.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/s/BJkoj7T9S9BZbNDe8cRPtKAF
https://boxabalar.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/s/CGxBCaXSfo893SPW6sB3G3eR
ENQUISAS ALUMNADO:
https://boxabalar.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/s/5LRapSpWsjRpe5teS7AGeXTr
https://boxabalar.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/s/pDSirrGRK5MPqtYqGXz5qTrR
https://boxabalar.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/s/YWpxqGDHgWG6CWzxa2kSGDcr
ENQUISAS FAMILIAS:
https://boxabalar.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/s/FLSLK4JbMyAFJe2pxiExFGxEhttps://boxabalar.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/s/LiA3RSFGSTCoW9WEoKfkKc4Y
https://boxabalar.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/s/HR8oTiorAZqKbzackHFcSNmW
O pasado 11 de febreiro celebramos o día da muller e nena na ciencia. Os voluntarios da biblioteca prepararon as mochilas viaxeiras cheas de libros e xogos relacionados coa ciencia e as cientÍficas e entregáronllelos aos seus compañeiros de primaria e infantil.
O pasado martes celebramos o día da candeloria cun concurso de cartas de amor e ammizade adicadas a moi diferentes persoas, obxectos, animais e cousas en xeral.
O pasado 3 de febreiro volvemos ter a furgoteca no noso centro. Os alumnos tiveron acceso ás lecturas preferidas dentro da furgo e ademais adicaron un tempo do recreo a ler nunha mesa adpatada no patio.
O pasado venres celebramos o día da narración oral con música, contos e mesmo poesía. O alumnado de primaria e 1º ESO escenificou, nalgúns ...