O pasado venres 21 de marzo tivemos unha actividade para os máis pequenos de animación á lectura. A ponente Sabela animou aos alumnos que participaron activamente na actividade.
Blog da Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega
25 marzo 2025
A furgoteca visita o centro
O pasado 19 de marzo a furgoteca chegou ao centro escolar. Remedios, a responsable da mesma, preparou unha actividade de xogos para os alumnos de infantil e primaria.
A motivación que lles supón a visita de Reme e a súa furgoteca é xenial e anima ao alumnado á lectura e ao xogo.
24 marzo 2025
Nova decoración no centro
Os chanzos de camiño ás aulas e á biblioteca locen máis luminosos coa nova decoración de vinilos baseados en obras da literatura infantil e xuvenil presentes na nosa biblioteca.
23 marzo 2025
As andanzas do moucho continúan...
A mascota viaxeira segue a percorrer mundo. Os últimos lugares que visitou foron Málaga, Ronda e Antequera, asimesmo non deixou de acompañar aos alumnos de cuarto da ESO na súa viaxe a Berlín.
Seguiremos contando máis aventuras porque tamén andou por terras italianas. Non hai quen o pare.
TEATRO NA BIBLIOTECA
O luns 18 de maio de 2026, o alumnado de Infantil, Primaria e 1º da ESO viaxou no tempo con Xosé da compañía de teatro A xanela do maxín e...
-
O alumnado do CPI Padrenda- Crespos participou activamente na elaboración de mensaxes reinvidicativos en contra da violencia de xénero. Alu...
-
Coma cada ano celebramos no centro o día do amigo invisible lector . Profesorado e persoal non docente implicámonos nesta actividade que co...
-
O pasado venres celebramos o día das escritoras. O alumnado de secundaria realizou un traballo de investigación sobre diferentes escritoras...


