20 decembro 2024

FELIZ NADAL!

 E chega o último día de clase e queremos desexarvos un moi feliz nadal!!!

Despedimos o ano cunha xornada de xogos na biblioteca. Non esquezan pedir moitos desexos e ogallá se cumpran todos.

O moucho MONCHO e compañeira piden o seu para o 2025: "Por una ano cheo de lecturas e de viaxes"









Fon Barreiro visita o noso centro

 O día 18 de decembro tivemos o pracer de contar co debuxante de cómics dos Gazafellos, Banainas e a Curuxa, entre moitos outros traballos.

Fon impartiu un taller de creación de viñetas ao alumnado de primaria e primeiro e segundo da ESO. Toda unha experiencia enriquecedora para alumnos e profesores que combinou a creación artística e literaria.








11 decembro 2024

Nadaliñas destino Potugal

 Os alumnos do centro andan estes días a preparar as tarxetas de nadal para enviarlle aos seus compañeiros do cole de Melgaço.  Continúa o intercambio de cartas entre os dous centros, esta vez con dedicatoria de nadal.






 

Homenaxe ás cantareiras e á poesía popular. Letras galegas 2025

 O pasado 16 de xuño celebramos na biblioteca unha actividade de contacontos ilustrados a cargo da asociación "polo correo do vento...