17 febreiro 2025

SAN VALENTÍN!

 O pasado 14 de febreiro celebramos na biblioteca o concurso de cartas e poemas de amor que os alumnos adicaron aos seus máis queridos. 

Houbo amor para todos : familia, amigos, avós, namorados, mascotas...

Os participantes recibiron emcionados os seus agasallos por as súas sentidas declaracións amorosas.






Día da nena na ciencia

 O pasado 11 de febreiro celebramos o día internacional da nena na ciencia na biblioteca. A rapazada interesouse polos exemplares que homenaxean a moitas das mulleres que levaron a cabo relevantes investigacións científicas.





04 febreiro 2025

DÍA DA PAZ

 O alumnado participou a semana pasada activamente na elaboración do mural conmemorativo para o día da paz.

Os alumnos de primaria e secundaria fixeron equipo para dar resposta a unha serie de preguntas nunha xincana que tiña como finalidade atopar a frase de Rigoberta Menchú.








Homenaxe ás cantareiras e á poesía popular. Letras galegas 2025

 O pasado 16 de xuño celebramos na biblioteca unha actividade de contacontos ilustrados a cargo da asociación "polo correo do vento...