O pasado venres 21 de marzo tivemos unha actividade para os máis pequenos de animación á lectura. A ponente Sabela animou aos alumnos que participaron activamente na actividade.
Blog da Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega
25 marzo 2025
A furgoteca visita o centro
O pasado 19 de marzo a furgoteca chegou ao centro escolar. Remedios, a responsable da mesma, preparou unha actividade de xogos para os alumnos de infantil e primaria.
A motivación que lles supón a visita de Reme e a súa furgoteca é xenial e anima ao alumnado á lectura e ao xogo.
24 marzo 2025
Nova decoración no centro
Os chanzos de camiño ás aulas e á biblioteca locen máis luminosos coa nova decoración de vinilos baseados en obras da literatura infantil e xuvenil presentes na nosa biblioteca.
23 marzo 2025
As andanzas do moucho continúan...
A mascota viaxeira segue a percorrer mundo. Os últimos lugares que visitou foron Málaga, Ronda e Antequera, asimesmo non deixou de acompañar aos alumnos de cuarto da ESO na súa viaxe a Berlín.
Seguiremos contando máis aventuras porque tamén andou por terras italianas. Non hai quen o pare.
20 DE MARZO, DÍA DA NARRACIÓN ORAL
O pasado venres celebramos o día da narración oral con música, contos e mesmo poesía. O alumnado de primaria e 1º ESO escenificou, nalgúns ...
-
O amigo invisible fixo das súas e deixou agasallos en forma de libros aos integrantes do noso centro educativo. Aquí tedes algunha mostra d...
-
O pasado 16 de xuño celebramos na biblioteca unha actividade de contacontos ilustrados a cargo da asociación "polo correo do vento...
-
O alumnado do CPI Padrenda- Crespos participou activamente na elaboración de mensaxes reinvidicativos en contra da violencia de xénero. Alu...


