06 abril 2025

DIPLOMAS EUROCLASSICAS 2025

 Os alumnos de latín recibiron emocionados os diplomas que acreditan o coñecemento do idioma no nivel B1 da lingua latina. Obtiveron un diploma coa medalla de ouro, outro coa de bronce e o resto coas medallas de prata. 

A directora e a profesora de latín recibiron cadanseu galardón  por promover a participación do alumnado neste certame europeo.




VISITA DE INMA SOTO

Inma Soto visitounos o pasado 3 de abril e encheu a nosa biblioteca de enerxía e alegría a que non foron alleos os nosos alumnos que quedaban abraiados escoitando as aventuras da Xela, unha heroína de aldea.





CHEGOU O SAMAÍN

No CPI Padrenda Crespos viviuse unha xornada de auténtico medo o pasado 30 de outubro. Non houbo  rincón do centro que non estivese decorado...