27 febreiro 2026

23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA.

No CPI Padrenda Crespos celebramos o día de Rosalía facendo homenaxe a autora e, para iso, os alumnos recitaron un dos poemas máis significativos da mesma. A celebración continuou coa degustación do coñecido caldo de Gloria.

Velaí van os vídeos:




13 febreiro 2026

CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER E NENA NA CIENCIA.

 O pasado 11 de febreiro celebramos o día da muller e nena na ciencia. Os voluntarios da biblioteca prepararon as mochilas viaxeiras cheas de libros e xogos relacionados coa ciencia e as cientÍficas e entregáronllelos aos seus compañeiros de primaria e infantil.







06 febreiro 2026

Día da candeloria

O pasado martes celebramos o día da candeloria cun concurso de cartas de amor e ammizade adicadas a moi diferentes persoas, obxectos, animais e cousas en xeral.




Visita de Reme e a súa furgoteca

 O pasado 3 de febreiro volvemos ter a furgoteca no noso centro. Os alumnos tiveron acceso ás lecturas preferidas dentro da furgo e ademais adicaron un tempo do recreo a ler nunha mesa adpatada no patio.







02 febreiro 2026

Novos xogos para a biblioteca.

 Temos novos xogos para o noso alumnado na biblioteca!



30 DE XANEIRO. DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

 O pasado venres celebramos o día da paz. O alumnado de primaria e de 1ºESO participou activamente no deseño dun mural de mandalas sobre a temática da paz. Ademais os alumnos de secundaria crearon outro mural a modo de collage no que recopilaron imaxes, textos e diferentes noticias sobre a paz e a non violencia.



20 DE MARZO, DÍA DA NARRACIÓN ORAL

 O pasado venres celebramos o día da narración oral con música, contos e mesmo poesía. O alumnado de primaria e 1º ESO escenificou, nalgúns ...