Blog da Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega
30 marzo 2022
29 marzo 2022
Presentación do poemario Cristal, de Alexandre Corbillón
Con motivo da celebración do Día da Poesía, o 21 de marzo, na nosa biblioteca, fixo a presentación do seu primeiro libro o poeta celanovés Alexandre Corbillón.
Baixo o significativo título de Cristal -material con múltiplas propiedades: duro, fráxil, reflector, opaco, translúcido...- o novel poeta presenta unha colectánea bilingüe de composicións de distinto fondo, resultado da vivencia persoal levada ao texto, sempre inspirado pola música que acompaña ao longo dos anos os seus momentos de introspección.
Os poemas preséntanse ordenados seguindo unha transición anímica, que vai desde a desesperación e a tristeza ata a liberación dunha personalidade construída sobre a fortaleza de quen supera a adversidade. Así nos expuxo Alexandre Corbillón o proceso de creación e o seu resultado, con referencias ás lecturas das que se recoñece debedor -como a poesía rosaliana, o hilozoísmo da vangarda galega ou as reflexións do grande Carlos Casares-, aos temas musicais de cada momento e o recitado dalgúns dos poemas propios. É a súa, pois, unha obra intimista, edificada sobre o diálogo entre o pensamento poético e a música.
Contamos tamén coa presenza da autora do cadro que ilustra a capa, Lorena Fernández, que nos explicou a orixe, técnica e significado da súa pintura, e a relación estreita que garda coa cerna do poemario. Deste xeito, asistimos de novo a un transvasamento de formas e significados entre artes: desta vez, entre a pintura e a lírica.
Como guinda a un marabilloso encontro co autor de Cristal (dispoñible na nosa biblioteca), realizouse tamén un pequeno obradoiro de composición usando como detonante a música. O resultado foi a lectura de ideas moi inspiradas, ou a expresión de sentimentos que nos xurdiron ao compás do tema que soaba na sala.
Ao remate, a nosa presentadora e co-organizadora, Bárbara Aldemir (4º ESO) despide o acto cunhas emotivas palabras e coa entrega dun pequeno agasallo aos participantes.
PREPARAMOS O ENTROIDO NA BIBLIOTECA
A nosa biblioteca transformouse nun taller de confección para deseñar os disfraces do Entroido deste ano.
Vacas, abellas, pitiños, ovellas, porquiños, insectos voadores, lobos e osos foron os protagonistas desta festa ecolóxica. Sen esquecer as nosas "Gretas", activistas comprometidas co medio ambiente.
SEMANA DA NARRACIÓN ORAL NA BIBLIOTECA
VISITA DE SONIA MIRÓN
A escritora Sonia Mirón estivo no noso centro para presentar o seu último libro: " No son mariposas, s...
-
Os alumnos de latín recibiron emocionados os diplomas que acreditan o coñecemento do idioma no nivel B1 da lingua latina. Obtiveron un dipl...
-
O pasado 14 de febreiro celebramos na biblioteca o concurso de cartas e poemas de amor que os alumnos adicaron aos seus máis queridos. Hou...
-
O pasado venres 21 de marzo tivemos unha actividade para os máis pequenos de animación á lectura. A ponente Sabela animou aos alumnos que p...














