O venres 24 de abril, a través da Editorial Vicens Vives, tivemos a visita de Erea Mora. Actriz e narradora oral, Erea animou esta sesión chea de humor ao redor das redes sociais para toda a rapazada da ESO.
Blog da Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega
25 abril 2026
DÍA DO LIBRO. AMIGO INVISIBLE
Coma cada ano celebramos no centro o día do amigo invisible lector. Profesorado e persoal non docente implicámonos nesta actividade que compaxina o lúdico co educativo.
DÍA DO LIBRO
O xoves 23 de abril celebramos o Día Internacional do Libro cunha actividade de escritura creativa na nosa Biblioteca.
A rapazada de Secundaria mais os nenos de 4º, 5º e 6º de Primaria participaron neste taller presentado pola xove escritora ourensá Alba Guzmán, gañadora de máis de vinte premios literarios e autora de "A vinganza de Paquiño Jackson", novela gañadora do IV Premio Xuventude Crea 2024.
PUZZLE COMPLETADO
Despois de varias semanas de traballo en equipo, profesorado e alumnado, por fin completamos o puzzle que vai a formar parte da decoración da biblioteca, unha fotagrafía de libros nunha edición clásica que costaba de 2000 pezas.
Traballo feito!
DIPLOMAS DE LATÍN EUROCLASICAS
05 abril 2026
E o Moucho falou e dixo: "Quero viaxar" e os seus desexos cumpríronse enseguida.
O Moucho Moncho leva un ano moi viaxeiro. Estivo hai un mes por terras de México e agora nesta Semana Santa viaxou el e maila súa compañeira a destinos tan envexables coma Austria, Munich, Lisboa e mais Sintra. Quen fora o moucho Moncho!
MONÓLOGO NA BIBLIOTECA
O venres 24 de abril, a través da Editorial Vicens Vives, tivemos a visita de Erea Mora. Actriz e narradora oral, Erea animou esta sesión...
-
O alumnado do CPI Padrenda- Crespos participou activamente na elaboración de mensaxes reinvidicativos en contra da violencia de xénero. Alu...
-
Coma cada ano celebramos no centro o día do amigo invisible lector . Profesorado e persoal non docente implicámonos nesta actividade que co...
-
O pasado 16 de xuño celebramos na biblioteca unha actividade de contacontos ilustrados a cargo da asociación "polo correo do vento...








.jpg)