No mes de decembro de 2022 tivo lugar un evento inédito ata agora no noso centro: A profesora de Lingua Castelá e Literatura e mais Latín propuxo ao seu alumnado de 4º da ESO un concurso europeo de latín para a obtención do primeiro nivel de estudos latinistas: o Elex1, vestibulum!
Blog da Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega
25 febreiro 2023
EXPERTOS LATINISTAS
No mes de decembro de 2022 tivo lugar un evento inédito ata agora no noso centro: A profesora de Lingua Castelá e Literatura e mais Latín propuxo ao seu alumnado de 4º da ESO un concurso europeo de latín para a obtención do primeiro nivel de estudos latinistas: o Elex1, vestibulum!
UN ENTROIDO ESPECTACULAR
Este ano a temática xirou ao redor de personaxes de contos tradicionais, literarios ou de películas famosas: Brancaneves e os seus ananos; Carapuchiña vermella; os lobos e a avoa; Matilda, o seu pai o señor Wormwood e a terrible Trunchbull; os personaxes de Harry Potter, do Mago de Oz, dos piratas do Caribe, da familia Addams e mais da casa de Bernarda Alba; sen esquecernos dun simpático grupiño de Minnie e Mickey (que coincidiu coa visita ao centro duns técnicos de desratización😅).
E sorpresa! Tivemos a visita rápida de Thelma, Louise e Brad no noso centro...
Preocupados polo medio ambiente, intentamos ano tras ano limitar ao máximo o uso dos plásticos para a elaboración dos disfraces. Non é doado pero conseguimos que todos os traxes de Entroido foran elaborados con materias reutilizables como teas ou feltros.
Descubre máis facetas do noso Entroido!
16 febreiro 2023
ENTROIDO - VENRES 17 DE FEBREIRO DE 2023
02 febreiro 2023
O MOUCHO MONCHO NON PARA...
Desde o mes de decembro 2022, o noso querido mouchiño Moncho non para de viaxar para descubrir novos horizontes, culturas e lecturas!
Tivo a sorte de pilotar un avión ata Arxentina. Logo regresou a Europa, concretamente a Francia, onde visitou Bordeaux e finalmente puxo fin ao seu periplo na "cidade da luz", é dicir: Paris, a capital de Francia!
Que gran viaxeiro é o noso Moucho!
Cal será o seu próximo destino?
Iremos informando...
20 DE MARZO, DÍA DA NARRACIÓN ORAL
O pasado venres celebramos o día da narración oral con música, contos e mesmo poesía. O alumnado de primaria e 1º ESO escenificou, nalgúns ...
-
O amigo invisible fixo das súas e deixou agasallos en forma de libros aos integrantes do noso centro educativo. Aquí tedes algunha mostra d...
-
O pasado 16 de xuño celebramos na biblioteca unha actividade de contacontos ilustrados a cargo da asociación "polo correo do vento...
-
O alumnado do CPI Padrenda- Crespos participou activamente na elaboración de mensaxes reinvidicativos en contra da violencia de xénero. Alu...










.jpg)


