25 febreiro 2023

UN ENTROIDO ESPECTACULAR





O venres 17 de febreiro, pola tarde, iniciamos o percorrido do desfile do noso Entroido desde o "cole" ata a praza de San Roque. Alí esperábannos as familias e os veciños da aldea. Todas gozamos da festa e ademais serviu para fortalecer, aínda máis, os lazos entre o conxunto da comunidade educativa do noso centro!

Este ano a temática xirou ao redor de personaxes de contos tradicionais, literarios ou de películas famosas: Brancaneves e os seus ananos; Carapuchiña vermella; os lobos e a avoa; Matilda, o seu pai o señor Wormwood e a terrible Trunchbull; os personaxes de Harry Potter, do Mago de Oz, dos piratas do Caribe, da familia Addams e mais da casa de Bernarda Alba; sen esquecernos dun simpático grupiño de Minnie e Mickey (que coincidiu coa visita ao centro duns técnicos de desratización😅).

E sorpresa! Tivemos a visita rápida de Thelma, Louise e Brad no noso centro...


Preocupados polo medio ambiente, intentamos ano tras ano limitar ao máximo o uso dos plásticos para a elaboración dos disfraces. Non é doado pero conseguimos que todos os traxes de Entroido foran elaborados con materias reutilizables como teas ou feltros.


Descubre máis facetas do noso Entroido!


Non esquezas esta mensaxe do moucho Moncho:





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Día do libro. Amigo invisible

 E seguimos celebrando o día do libro, esta vez coa entrega dos agasallos do amigo invisible.  Os membros do noso centro abrimos con ilusión...