O moucho Moncho, mascota da nosa biblioteca fixo unha nova amizade, a do galo, símbolo representativo do noso país veciño. Por iso, e para favorecer os contactos entre a nosa lingua e a portuguesa comezamos coas primeiras adquisicións de libros no idioma portugués para alumnos de primaria e secundaria.
Blog da Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega
28 novembro 2023
21 novembro 2023
XORNADAS BIBLIOTECA ESCOLAR
O pasado sábado tiveron lugar en Santiago as xornadas de biblioteca escolar. Unhas xornadas que facían fincapé na lectura do cómic e banda deeñada como un tipo de lectura non secundaria, senón máis ben principal, creativa, inxeniosa e ata saudabel. Expertos na materia coma Miguel Anxo Prados falrónnos das bondades deste tipo de libros, do xogo interdisciplinar que podemos levar a cabo grazas á introducción das mesmas nos programas educativos e aportáronnos moitas ideas para levar a cultura do cómic, manga e tebeo aos nosos alumnos.
08 novembro 2023
VOLVEN AS MOCHILAS VIAXEIRAS
O moucho Moncho estivo a preparar estas mochilas viaxeiras para os rapaces e rapazas de Primaria así como esta preciosa maleta para os máis cativos de Infantil!
Felices lecturas para todos!😀
04 novembro 2023
MES DA CIENCIA EN GALEGO
Dá comezo o MES DA CIENCIA EN GALEGO.
Neste libro atoparás todo o que precisas saber para creares a túa horta na casa e dende cero. Coñecerás os procesos de semente e colleita e os cultivos que podes poñer en cada época do ano.
Historia da ciencia, dos inventos, do estudo da natureza e da realidade, chea de pequenos fitos curiosos que alumean o camiño cara o descoñecido.
Este libro recolle as biografías de vinte científicas galegas. Elas abriron as portas da ciencia a miles de mulleres.
Visita dos alumnos CPI Padrenda Crespos a Telemiño
CHEGOU O SAMAÍN...
31 de outubro, tarde de cabazas e historias de terror👀
A comunidade escolar do CPI Padrenda-Crespos acudimos á praza de San Roque para celebrar o Samaín. Alí os alumnos expuxeron as súas cabazas decoradas e léronse varias historias de terror.
02 novembro 2023
UNHA HISTORIA DE MEDO👻
20 DE MARZO, DÍA DA NARRACIÓN ORAL
O pasado venres celebramos o día da narración oral con música, contos e mesmo poesía. O alumnado de primaria e 1º ESO escenificou, nalgúns ...
-
O amigo invisible fixo das súas e deixou agasallos en forma de libros aos integrantes do noso centro educativo. Aquí tedes algunha mostra d...
-
O pasado 16 de xuño celebramos na biblioteca unha actividade de contacontos ilustrados a cargo da asociación "polo correo do vento...
-
O alumnado do CPI Padrenda- Crespos participou activamente na elaboración de mensaxes reinvidicativos en contra da violencia de xénero. Alu...








