04 novembro 2023

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Dá comezo  o MES DA CIENCIA EN GALEGO. 

"A ciencia é un dos sabores do saber. Para degustala, é moi importante a nosa participación activa, e o grande activador é a curiosidade. Precisamos formular preguntas para saborear a ciencia e a lingua pemítenos degustala, e tamén é a canle para contar e escoitar as respostas".
Elena Vázquez Cendón, doutora en matemáticas.

Dende a biblioteca animámosvos a que alimentedes a vosa curiosidade científica e deixámosvos algunhas recomendacións lectoras:

Neste libro atoparás todo o que precisas saber para creares a túa horta na casa e dende cero. Coñecerás os procesos de semente e colleita e os cultivos que podes poñer en cada época do ano.




Un libro de conversas pensado para introducir á mocidade na filosofía.



Historia da ciencia, dos inventos, do estudo da natureza e da realidade, chea de pequenos fitos curiosos que alumean o camiño cara o descoñecido.


Dentro deste libro atoparás unha morea de actividades para gozar do monte en calquera momento do ano e así sacarlle o mellor proveito ás túas visitas á natureza.




Este libro recolle as biografías de vinte científicas galegas. Elas abriron as portas da ciencia a miles de mulleres.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Día do libro. Amigo invisible

 E seguimos celebrando o día do libro, esta vez coa entrega dos agasallos do amigo invisible.  Os membros do noso centro abrimos con ilusión...