28 outubro 2025

VOLUNTARIOS DA BIBLIOTECA

Temos novos axudantes da biblioteca. Os alumnos de 1º ESO estrearon a semana pasada chalecos e insignias co seu nome coma responsables da organización e das actividades da biblioteca. 

Aquí os temos iniciándose coa decoración do Samaín.

 

 








 

19 outubro 2025

DÍA DAS ESCRITORAS, 17 DE OUTUBRO.

 O pasado venres celebramos o día das escritoras. O alumnado de secundaria realizou un traballo de investigación sobre diferentes escritoras das literaturas galega, castelá, portuguesa, brasileira, inglesa e francesa.

Ademais parrticiparon na creación de chapas coa fotografía da autora elixida.





10 outubro 2025

VOLVE A FURGOTECA!

 Onte, xoves 9 de outubro, Reme volveu ao cole coa súa Furgoteca para falarnos de autoras e ilustradoras galegas coma Inma Soto, Eva Mejuto e Inma Jardón. Recordamos as historias de "Xela, superheroína de aldea", "Corre, corre, cabaciña" ou "De que trata o amor".

Coma sempre, a Furgoteca agocha tesouros que nos anima a ler novas historias marabillosas!

 

DÍA DA TRADUCIÓN

Comezamos o novo curso coa celebración do Día da Tradución que tivo lugar o 30 de setembro.

 Os rapaces e rapazas da ESO fixeron unha tradución de pequenos textos en inglés, español e portugués para o galego.

Realizaron a continuación un mural para conmemorar o devandito día ao que agregaron palabras e expresións típicas de varias linguas do mundo así como pictogramas da lingua de signos.

CHEGOU O SAMAÍN

No CPI Padrenda Crespos viviuse unha xornada de auténtico medo o pasado 30 de outubro. Non houbo  rincón do centro que non estivese decorado...