10 outubro 2025

DÍA DA TRADUCIÓN

Comezamos o novo curso coa celebración do Día da Tradución que tivo lugar o 30 de setembro.

 Os rapaces e rapazas da ESO fixeron unha tradución de pequenos textos en inglés, español e portugués para o galego.

Realizaron a continuación un mural para conmemorar o devandito día ao que agregaron palabras e expresións típicas de varias linguas do mundo así como pictogramas da lingua de signos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

MONÓLOGO NA BIBLIOTECA

  O venres 24 de abril, a través da Editorial Vicens Vives, tivemos a visita de Erea Mora.  Actriz e narradora oral, Erea animou esta sesión...