22 xuño 2026

TEATRO NA BIBLIOTECA

 O luns 18 de maio de 2026, o alumnado de Infantil, Primaria e 1º da ESO viaxou no tempo con Xosé da compañía de teatro A xanela do maxín e grazas á súa máquina do tempo. Toda a rapazada participou activamente no espectáculo descubrindo a vida e a obra de Begoña Caamaño e tamén doutros autores e autoras tales como Eduardo Pondal, María Mariño, Eduardo Pondal ou Rosalía de Castro. 


25 abril 2026

MONÓLOGO NA BIBLIOTECA

 O venres 24 de abril, a través da Editorial Vicens Vives, tivemos a visita de Erea Mora.  Actriz e narradora oral, Erea animou esta sesión chea de humor ao redor das redes sociais para toda a rapazada da ESO.



DÍA DO LIBRO. AMIGO INVISIBLE

 Coma cada ano celebramos no centro o día do amigo invisible lector. Profesorado e persoal non docente implicámonos nesta actividade que compaxina o lúdico co educativo.





DÍA DO LIBRO

 O xoves 23 de abril celebramos o Día Internacional do Libro cunha actividade de escritura creativa na nosa Biblioteca.

A rapazada de Secundaria mais os nenos de 4º, 5º e 6º de Primaria participaron neste taller presentado pola xove escritora ourensá Alba Guzmán, gañadora de máis de vinte premios literarios e autora de "A vinganza de Paquiño Jackson", novela gañadora do IV Premio Xuventude Crea 2024. 



PUZZLE COMPLETADO

 Despois de varias semanas de traballo en equipo, profesorado e alumnado, por fin completamos o puzzle que vai a formar parte da decoración da biblioteca, unha fotagrafía de libros nunha edición clásica que costaba de 2000 pezas.

Traballo feito!





DIPLOMAS DE LATÍN EUROCLASICAS

O alumnado de 4º da ESO acadou o certificado que acredita o nivel B1 en lingua latina. Así de satisfeitos posaron cos seus diplomas.





05 abril 2026

E o Moucho falou e dixo: "Quero viaxar" e os seus desexos cumpríronse enseguida.

 O Moucho Moncho leva un ano moi viaxeiro. Estivo hai un mes por terras de México e agora nesta Semana  Santa viaxou el e maila súa compañeira a destinos tan envexables coma Austria, Munich, Lisboa e mais Sintra. Quen fora o moucho Moncho!


México


Austria e Munich


Lisboa e Sintra



23 marzo 2026

20 DE MARZO, DÍA DA NARRACIÓN ORAL

 O pasado venres celebramos o día da narración oral con música, contos e mesmo poesía.

O alumnado de primaria e 1º ESO escenificou, nalgúns casos, as historias contadas. O profesorado e alumnado de infantil escoitáronnos ben atentos.




11 marzo 2026

8M, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

 Esta semana celebramos no cole o día da muller, e, para iso, organizamos a recreación do coñecido paseo da fama de Hollywood. Iso sí,  neste caso adicada a mulleres dos diferentes ámbitos do saber, da cultura e da ciencia.

Aquí vai un resumo de imaxes:



27 febreiro 2026

23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA.

No CPI Padrenda Crespos celebramos o día de Rosalía facendo homenaxe a autora e, para iso, os alumnos recitaron un dos poemas máis significativos da mesma. A celebración continuou coa degustación do coñecido caldo de Gloria.

Velaí van os vídeos:




13 febreiro 2026

CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER E NENA NA CIENCIA.

 O pasado 11 de febreiro celebramos o día da muller e nena na ciencia. Os voluntarios da biblioteca prepararon as mochilas viaxeiras cheas de libros e xogos relacionados coa ciencia e as cientÍficas e entregáronllelos aos seus compañeiros de primaria e infantil.







06 febreiro 2026

Día da candeloria

O pasado martes celebramos o día da candeloria cun concurso de cartas de amor e ammizade adicadas a moi diferentes persoas, obxectos, animais e cousas en xeral.




Visita de Reme e a súa furgoteca

 O pasado 3 de febreiro volvemos ter a furgoteca no noso centro. Os alumnos tiveron acceso ás lecturas preferidas dentro da furgo e ademais adicaron un tempo do recreo a ler nunha mesa adpatada no patio.







02 febreiro 2026

Novos xogos para a biblioteca.

 Temos novos xogos para o noso alumnado na biblioteca!



30 DE XANEIRO. DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

 O pasado venres celebramos o día da paz. O alumnado de primaria e de 1ºESO participou activamente no deseño dun mural de mandalas sobre a temática da paz. Ademais os alumnos de secundaria crearon outro mural a modo de collage no que recopilaron imaxes, textos e diferentes noticias sobre a paz e a non violencia.



26 xaneiro 2026

Clube de lectura: Generación Zombi

  O pasado 14 de xaneiro inauguramos o clube de lectura aberto á comunidade coa obra: Generación Zombi de Javier Albares, que trata unha temática de moita actualidade e que nos deu pé a un largo debate sobre o uso das pantallas na nosa sociedade.


 





TEATRO NA BIBLIOTECA

 O  luns 18 de maio de 2026, o alumnado de Infantil, Primaria e 1º da ESO viaxou no tempo con Xosé da compañía de teatro A xanela do maxín e...