25 novembro 2025

25 N DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

 O alumnado do CPI Padrenda- Crespos participou activamente na elaboración de mensaxes reinvidicativos en contra da violencia de xénero.

Alumnado de primaria e secundaria deseñaron  fotografías de denuncia contra a  inxustiza e a violencia. 

Asimesmo os estudantes da ESO buscaron información en xornais sobre esta lacra que asola a sociedade e investigaron sobre algunhas obras da  literatura que desenvolven a temática do machismo e a violencia de xénero.





23 novembro 2025

DÍA INTERNACIONAL DA CONSCIENCIA NEGRA

O pasado 20 de novembro, no noso centro, celebrouse unha conmemoración moi coñecida no Brasil: o Día da Consciencia Negra, unha festividade que quere pór fin o racismo desde a educación.

O alumnado da ESO realizou este collage para render homenaxe a esta celebración e así manifestarse en prol da diversidade e igualdade étnicas e como un xesto de solidariedade coa sociedade brasileira.





07 novembro 2025

Concurso de Contos de TERROR!

O aumnado dos distintos ciclos de ensinanza do CPI Padrenda Crespos participou nunha xornada de lectura de contos de terror, creados por eles mesmos, durante a mañá do pasado 30 de outubro. 






03 novembro 2025

CHEGOU O SAMAÍN

No CPI Padrenda Crespos viviuse unha xornada de auténtico medo o pasado 30 de outubro. Non houbo  rincón do centro que non estivese decorado. A labor da AMPA foi incrible e contribuiu de maneira moi destacada a crear toda a escenografía de terror.







DÍA DAS BIBLIOTECAS

O pasado 24 de outubro celebrouse o día das bibliotecas  e o alumnado de secundaria elaborou uns vídeos nos que aportaron datos curiosos sobre algunhas bibliotecas do mundo. Pola súa banda o alumnado de primaria completou a investigación coa elaboración dun mural.

Aquí están algúns exemplos. 












 

28 outubro 2025

VOLUNTARIOS DA BIBLIOTECA

Temos novos axudantes da biblioteca. Os alumnos de 1º ESO estrearon a semana pasada chalecos e insignias co seu nome coma responsables da organización e das actividades da biblioteca. 

Aquí os temos iniciándose coa decoración do Samaín.

 

 








 

19 outubro 2025

DÍA DAS ESCRITORAS, 17 DE OUTUBRO.

 O pasado venres celebramos o día das escritoras. O alumnado de secundaria realizou un traballo de investigación sobre diferentes escritoras das literaturas galega, castelá, portuguesa, brasileira, inglesa e francesa.

Ademais parrticiparon na creación de chapas coa fotografía da autora elixida.





10 outubro 2025

VOLVE A FURGOTECA!

 Onte, xoves 9 de outubro, Reme volveu ao cole coa súa Furgoteca para falarnos de autoras e ilustradoras galegas coma Inma Soto, Eva Mejuto e Inma Jardón. Recordamos as historias de "Xela, superheroína de aldea", "Corre, corre, cabaciña" ou "De que trata o amor".

Coma sempre, a Furgoteca agocha tesouros que nos anima a ler novas historias marabillosas!

 

TEATRO NA BIBLIOTECA

 O  luns 18 de maio de 2026, o alumnado de Infantil, Primaria e 1º da ESO viaxou no tempo con Xosé da compañía de teatro A xanela do maxín e...