21 febreiro 2021

DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

11 DE FEBREIRO 2021

Desde o ano 2015, a ONU declarou o día 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia coa finalidade de permitir a participación equitativa das mulleres e das nenas na ciencia. Por iso, montamos este mural recordando as actividades que fixemos ao longo do curso pasado no noso Club de Ciencias. Temos que esperar mellores tempos para volver ao noso laboratorio e realizar xuntos novos experimentos científicos!

Ademais, recordamos a figura de Katherine Johnson, unha das grandes matemáticas afroamericanas esquecidas que permitiu levar á Lúa os astronautas da misión Apolo 11.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

CHEGOU O SAMAÍN

No CPI Padrenda Crespos viviuse unha xornada de auténtico medo o pasado 30 de outubro. Non houbo  rincón do centro que non estivese decorado...