UN DÍA NA RIBEIRA DO RÍO TRONCOSO
VENRES, 22 DE OUTUBRO DE 2021
Durante todo o traxecto, parabamos a miúdo para identificar árbores e arbustos (carballos, faias, castiñeiros, carballos, salgueiros, loureiros, érbedos...). Os nosos guías explicáronnos o que eran as EEI (Especies Exóticas Invasoras) que atopamos no camiño: eucaliptos, acacias, canas, bambús e orellas de gato. Sabemos agora o perigo que supoñen para a vexetación autóctona e a destrución da biodiversidade.
Dúas horas despois, chegamos a un sitio na ribeira do río onde os monitores organizaron unha serie de talleres para converternos en verdadeiros biólogos!!!! Pero antes recuperamos forzas, xa que era a hora de xantar...
O taller de macroinvertebrados permitiunos observar e identificar distintos tipos de larvas de insectos acuáticos que Ángel foi recoller con seu traxe de pescador e a súa rede.
E por último, a través de diferentes xogos recoñecemos plantas, árbores, paxaros e pegadas de animais.
Foi unha xornada moi intensa e divertida onde aprendemos que temos que protexer a nosa contorna, especialmente os nosos bosques e ríos!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario