Blog da Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega
17 decembro 2021
Enigmas para o Mes da Ciencia en Galego en Crespos
Desde que, no ano 2001, a UNESCO declarou o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, novembro pasou a ser para todos nós o Mes da Ciencia. En consonancia con isto, desde hai once anos o profesorado de Galicia comezou a celebrar en novembro o Mes da Ciencia en Galego. O obxectivo desta conmemoración é o de mostrar que a lingua galega é útil e tan válida como calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica. No CPI de Padrenda celebramos esta cita lanzándolle un enigma ao alumnado. A actividade consistía en descifrar un fragmento do manifesto que abría este ano 2021 o Mes da Ciencia en Galego -cuxa autoría corresponde ao profesor Anxo Carracedo- e que lle achegamos ao alumnado encriptado mediante o código César. Asemade, nesta ocasión ponse o foco sobre a trascendencia do matemático, informático, experto en criptoanálise e intelixencia artificial británico Alan Turing (Londres, 1912-Wilmslow, 1954), cuxa intervención no descifrado da correspondencia nazi -xerada pola famosa máquina Enigma- puido ser decisiva no remate da Segunda Guerra Mundial, e a relevancia do traballo arredor do estudo e recuperación dos solos afectados por incencios da edafóloga e bioquímica Tarsy Carballas (Taboada, 1934), a nivel galego. O alumnado participante e acertante na revelación da mensaxe encriptada leva para a casa dous libros de divulgación científica editados por A Nosa Terra. Son: o alumnado da aula de 5º e 6º de Primaria, Manuel Fernández e Aaron Vila de 2º ESO, Tomás Gómez de 3º ESO e Óliver Míguez de 4º ESO. Agradecemos desde o EDLG a colaboración na organización da actividade e a participación do profesorado.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
TEATRO NA BIBLIOTECA
O luns 18 de maio de 2026, o alumnado de Infantil, Primaria e 1º da ESO viaxou no tempo con Xosé da compañía de teatro A xanela do maxín e...
-
O alumnado do CPI Padrenda- Crespos participou activamente na elaboración de mensaxes reinvidicativos en contra da violencia de xénero. Alu...
-
Coma cada ano celebramos no centro o día do amigo invisible lector . Profesorado e persoal non docente implicámonos nesta actividade que co...
-
O pasado venres celebramos o día das escritoras. O alumnado de secundaria realizou un traballo de investigación sobre diferentes escritoras...
Ningún comentario:
Publicar un comentario