19 xuño 2022

CONTACONTOS APAIXONADOS

Durante este mes de xuño, os alumnos de 5º e 6º de Primaria transformáronse en verdadeiros contacontos profesionais.

Por quendas, acudiron ás aulas de Infantil e 1º-2º de Primaria para contar historias aos máis cativos do cole. O público entregouse plenamente facendo unha morea de preguntas ao final das sesións. Os contacontos prometeron repetir a actividade para o próximo curso de maneira máis habitual!








Foi unha experiencia única e enriquecedora para todos!!!! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Homenaxe ás cantareiras e á poesía popular. Letras galegas 2025

 O pasado 16 de xuño celebramos na biblioteca unha actividade de contacontos ilustrados a cargo da asociación "polo correo do vento...