03 decembro 2022

O MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA🔍 


O 4 de novembro celébrase o día da Ciencia en Galego para poñer en valor o uso da nosa lingua na investigación desenvolta en Galicia. 

Aproveitamos esta data para organizar un concurso baseado nunha busca e recollida de información científica. Tratábase de contestar as preguntas dun xogo de pistas que organizou o noso Moucho Moncho. Deste xeito, a biblioteca transformouse nun verdadeiro laboratorio de investigación!

A participación do alumnado tanto de Primaria como de Secundaria foi excelente! Para agradecerlles a súa participación, as gañadoras e gañadores recibirán un pequeno agasallo!


Entrega de premios na Biblioteca 
mércores 21 de decembro de 2022 
(durante os recreos)🏆

 







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Día do libro. Amigo invisible

 E seguimos celebrando o día do libro, esta vez coa entrega dos agasallos do amigo invisible.  Os membros do noso centro abrimos con ilusión...