19 xuño 2022

CONTACONTOS APAIXONADOS

Durante este mes de xuño, os alumnos de 5º e 6º de Primaria transformáronse en verdadeiros contacontos profesionais.

Por quendas, acudiron ás aulas de Infantil e 1º-2º de Primaria para contar historias aos máis cativos do cole. O público entregouse plenamente facendo unha morea de preguntas ao final das sesións. Os contacontos prometeron repetir a actividade para o próximo curso de maneira máis habitual!








Foi unha experiencia única e enriquecedora para todos!!!! 

09 xuño 2022

A BIBLIOTECA EN OBRAS

Desde o mes de xaneiro, todo o noso cole está patas arriba polas reformas que se están a realizar desde o pavillón de deportes ata o comedor, pasando polos corredores e aulas! 

Agora as obras están nas portas da biblioteca!!!! E claro, tocou retirar absolutamente todo: os 4.000 libros dos estantes, o mobiliario e os ordenadores.



Mais grazas a colaboración de todos, alumnos, profesores e persoal non docente, a mudanza realizouse nun tempo récord!

Todo o fondo foi repartido nas distintas aulas de secundaria e de primaria. De tal xeito, os documentos seguen á disposición de todos. 

Así que acode xa á aula de AL (alí está a "nova biblioteca temporal"), no primeiro andar e reserva os teus libros para o verán! 

Esperámoste!!!!!!



RECOMENDACIÓN LECTORA

 Os alumnos de 5º e 6º preséntanvos, a través deste pequeno vídeo, a famosa novela de "O neno co pixama de raias" de John Boyne:

Unha excelente recomendación para o verán!

https://youtu.be/HezvcBW3syM

24 maio 2022

ADOPTA UN LIBRO...

Nestes dous estantes (situados no vestíbulo do centro, ao lado do comedor) colocamos unha morea de libros que buscan un novo fogar!!!!

Así que atrévete a adoptar un ou varios deles! 

Como se fai? É sinxelo:

- leva para a casa o volume ou volumes que che apeteza

- cando remates, dálle outras vidas: podes pasarllos a unha compañeira ou compañeiro ou gardalo...

- podes tamén deixar aquí libros que queres agasallar para que teñan outra vida feliz noutro fogar!




RECUNCHO DE LECTURA

Desde o mes de abril, dispoñemos dun novo espazo lector no cole! Situado no vestíbulo, fronte á secretaría, este recuncho pon á disposición de todos as últimas adquisicións da biblioteca. 

Un novo espazo para gozar da lectura

e descubrir novas aventuras!





08 maio 2022

AMIGOS INVISIBLES


Cada ano somos máis, profesores e persoal non docente, que nos anotamos á cita do "Amigo invisible" para celebrar o Día do Libro.

Con moito devezo, esperamos o día para abrir o noso agasallo!

Aquí tedes un elenco dos libros que foron elixidos para 

este día tan desexado!








01 maio 2022

REINVENTAMOS PORTADAS DE LIBROS

Para celebrar o Día do Libro, algúns dos nosos alumnos atrevéronse a reinventar as portadas dos seus libros preferidos.

Aquí tedes unha mostra do seu talento:




Aroa, Candela, Gabriela e Noa (6º de Primaria)





Guille (1º ESO) e o seu irmán Brais (3º de Primaria)



Noa (6º de Primaria)




María (3º de Primaria)



Aroa (6º de Primaria)




Ricardo (6º de Primaria)






25 abril 2022

Storytelling con títulos de libros

Con motivo da celebración do Día do Libro (23 de abril), o alumnado do centro elaborou unhas formidables historias a partir de títulos de obras da nosa biblioteca. Podemos ver os seus traballos nesta ligazón de youtube.

TEATRO NA BIBLIOTECA

 O  luns 18 de maio de 2026, o alumnado de Infantil, Primaria e 1º da ESO viaxou no tempo con Xosé da compañía de teatro A xanela do maxín e...