06 maio 2023

FORMACIÓN RADIO MOUCHO

O mércores 28 de abril e o xoves, 3 de maio 2023, gozamos de dúas sesións de formación para poñer en marcha a nosa futura Radio Moucho. 

As clases foron impartidas por un profesional da radio de Ponte Nas Ondas que nos ensinou a manexar a mesa de mesturas así como o programa Audacity. Ademais practicamos a dicción a través de varios exercicios de lectura que resultaron moi graciosos!😃





Tan só queda por montar o estudio de Radio Moucho na planta baixa do noso cole e propoñer temas de gravacións!

ANIMÁDEVOS!📻

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Homenaxe ás cantareiras e á poesía popular. Letras galegas 2025

 O pasado 16 de xuño celebramos na biblioteca unha actividade de contacontos ilustrados a cargo da asociación "polo correo do vento...