06 maio 2023

LECTURAS COMPARTIDAS


O xoves 4 de maio o noso moucho Moncho, apaixonado lector, convidounos a  unha tarde moi especial. De maneira que todo o alumnado estivo absorto na lectura ocupando distintos espazos do centro: a biblioteca, a aula de psicomotricidade, os patios, as escaleiras da entrada...

Os maiores escolleron contos da biblioteca e acompañaron ao seu "mouchiño-lector" no fabuloso mundo da lectura! 📚


Unha experiencia moi gratificante para todas e todos!








Ningún comentario:

Publicar un comentario

MONÓLOGO NA BIBLIOTECA

  O venres 24 de abril, a través da Editorial Vicens Vives, tivemos a visita de Erea Mora.  Actriz e narradora oral, Erea animou esta sesión...