23 xaneiro 2022

CREA A TÚA BOLSA NA BIBLIOTECA


Dende o mes de decembro, instalamos un recuncho de costura na Biblioteca! 

A máquina de coser non parou de funcionar de tal xeito que os nenos de Primaria xa empezaron a crear a súa propia bolsiña de tea para logo levar os seus libros emprestados. Temos unha gran variedade de teas para elixir.

Acude á biblioteca para facer a túa...



17 decembro 2021

Enigmas para o Mes da Ciencia en Galego en Crespos

Desde que, no ano 2001, a UNESCO declarou o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, novembro pasou a ser para todos nós o Mes da Ciencia. En consonancia con isto, desde hai once anos o profesorado de Galicia comezou a celebrar en novembro o Mes da Ciencia en Galego. O obxectivo desta conmemoración é o de mostrar que a lingua galega é útil e tan válida como calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica.
No CPI de Padrenda celebramos esta cita lanzándolle un enigma ao alumnado. A actividade consistía en descifrar un fragmento do manifesto que abría este ano 2021 o Mes da Ciencia en Galego -cuxa autoría corresponde ao profesor Anxo Carracedo- e que lle achegamos ao alumnado encriptado mediante o código César.
Asemade, nesta ocasión ponse o foco sobre a trascendencia do matemático, informático, experto en criptoanálise e intelixencia artificial británico Alan Turing (Londres, 1912-Wilmslow, 1954), cuxa intervención no descifrado da correspondencia nazi -xerada pola famosa máquina Enigma- puido ser decisiva no remate da Segunda Guerra Mundial, e a relevancia do traballo arredor do estudo e recuperación dos solos afectados por incencios da edafóloga e bioquímica Tarsy Carballas (Taboada, 1934), a nivel galego.
O alumnado participante e acertante na revelación da mensaxe encriptada leva para a casa dous libros de divulgación científica editados por A Nosa Terra. Son: o alumnado da aula de 5º e 6º de Primaria, Manuel Fernández e Aaron Vila de 2º ESO, Tomás Gómez de 3º ESO e Óliver Míguez de 4º ESO. Agradecemos desde o EDLG a colaboración na organización da actividade e a participación do profesorado.

08 decembro 2021

 25 DE NOVEMBRO DE 2021

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIAS CONTRA A MULLER


Padrenda di NON á violencia de xénero






DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS 


O 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas cunha investigación levada a cabo por todo o alumnado do cole. Cada aula buscou información sobre distintos tipos de bibliotecas do mundo. Deste xeito, viaxamos desde Washington ata Sydney pasando por Sarajevo ou Coimbra onde coñecemos as bibliotecas máis espectaculares ou insólitas da Terra...

Descubrimos que o acceso á cultura é un dereito para todos e que as bibliotecas son un medio para conseguilo.



ACUDE Á NOSA BIBLIOTECA E NON PARA DE LER!!!!!!

04 novembro 2021

Historias para non durmir

Durante a semana previa ao día de defuntos, na entrada do colexio situamos unha exposición de lecturas arrepiantes para levar para a casa. Da biblioteca saíron relatos de terror e misterio para públicos valerosos de todas as idades. E é que nos encantan as nosas historias de intriga e medo, aquelas que nos contan ou contaron as nosas avoas e avós, mais tamén os contos doutras culturas, ás veces tan semellantes aos nosos. Para a lembranza, deixamos unhas fotos do ben que luciu o posto de lecturas.

Portas arrepiantes no CPI de Padrenda

Para pegar a volta. Durante a derradeira semana de outubro, co gallo do Samaín, as portas do noso cole adobiáronse con motivos pavorosos. Eis aquí algunhas mostras, pero avisamos: as imaxes poden provocar pesadelos nocturnos.

23 outubro 2021

 CHEGA O SAMAÍN NA BIBLIOTECA...


É o momento de ler historias de medo...

Páxinas de misterio, meigas, cabazas que falan, pantasmas, agárdante na nosa bibloteca para para un Samaín terrorificamente arrepiante!!!!!




A exposición de libros de terror foi todo un éxito!!!!!

FELIZ SAMAÍN 2021








UN DÍA NA RIBEIRA DO RÍO TRONCOSO

VENRES, 22 DE OUTUBRO DE 2021  

Nós, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, gozamos dunha marabillosa xornada de actividades de Educación Ambiental na Reserva Natural Fluvial do Río Troncoso organizada pola Confederación Hidrogáfica do Miño-Sil (Ministerio de Transición ecolóxica e Reto Demográfico).


                  


Os catro monitores desta organización, Ángel, Blanca, Miriam mais Adrián, encargáronse de levarnos pola ribeira do río desde Pontebarxas ata o encoro da Frieira. 


Algúns de nós xa coñecían esta ruta por viviren na contorna. Mais o percorrido resultou moi diferente e aprendemos a observar a nosa natureza e descubrir unha morea de cousas sobre plantas e animais terrestres e acuáticos.

Durante todo o traxecto, parabamos a miúdo para identificar árbores e arbustos (carballos, faias, castiñeiros, carballos, salgueiros, loureiros, érbedos...). Os nosos guías explicáronnos o que eran as EEI (Especies Exóticas Invasoras) que atopamos no camiño: eucaliptos, acacias, canas, bambús e orellas de gato. Sabemos agora o perigo que supoñen para a vexetación autóctona e a destrución da biodiversidade.

   

Dúas horas despois, chegamos a un sitio na ribeira do río onde os monitores organizaron unha serie de talleres para converternos en verdadeiros biólogos!!!! Pero antes recuperamos forzas, xa que era a hora de xantar...

                                                             

 O taller de macroinvertebrados permitiunos observar e identificar distintos tipos de larvas de insectos acuáticos que Ángel foi recoller con seu traxe de pescador e a súa rede.

E por último, a través de diferentes xogos recoñecemos plantas, árbores, paxaros e pegadas de animais.

Foi unha xornada moi intensa e divertida onde aprendemos que temos que protexer a nosa contorna, especialmente os nosos bosques e ríos!!!



TEATRO NA BIBLIOTECA

 O  luns 18 de maio de 2026, o alumnado de Infantil, Primaria e 1º da ESO viaxou no tempo con Xosé da compañía de teatro A xanela do maxín e...